Galicreques 2010

Galicreques 2010 Un ano máis, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, durante a semana do 2 ao 10 de outubro de 2010, celebraremos o Festival Internacional Galicreques na cidade de Santiago de Compostela.


Cursos Galicreques 2010

Información e inscricións

Rutas de Polichinela. Títeres, sombras e obxectos

Descargar formulario de inscrición (Documento de Microsoft Word. 75 Kb)
Descargar ficha completa do curso (PDF 128 Kb)

Toni Rumbau Impartido por Toni Rumbau (Compañía La Fanfarra. Barcelona)
Duración: 20 horas
Datas: do 4 ao 8 de outubro de 2010
Horario: de 16:00 a 20:00 horas
Lugar: Arteria Noroeste
(Rúa das Salvadas, 2 A. Parque Vista Alegre. Santiago de Compostela)
Prezo: 100 €
Prezo reducido (socios de UNIMA): 75 €
Prazas: 20 persoas

“Rutas de Polichinela” é unha introdución ao mundo fascinante do teatro de monicreques popular de luva, co fin de coñecer as súas técnicas máis ancestrais así como os seus segredos dramatúrxicos, para logo poder aplicalos nunha visión máis ampla do teatro de marionetas, onde tamén participa o obxecto. Ensínase a práctica e construción dunha “lingüeta”.
Pero o curso ábrese tamén á linguaxe das sombras, coa finalidade de buscar o reflexo oculto dos monicreques no interior do retablo, iluminado de pronto por dentro. Xógase así coa dualidade do oculto e do visible, do vivo e do morto, da luz e da sombra...


Internet útil para as Artes Escénicas

O reto dun novo modelo social. Curso práctico de Internet para persoas do mundo das Artes Escénicas.

Descargar formulario de inscrición (Documento de Microsoft Word. 75 Kb)
Descargar ficha completa do curso (PDF 124 Kb)

José Bolorino Impartido por José Bolorino
Duración: 6 horas
Datas: do 6 ao 8 de outubro 2010
Horario: de 10:00 a 12:00 horas
Lugar: Arteria Noroeste
(Rúa das Salvadas, 2 A. Parque Vista Alegre. Santiago de Compostela)
Prezo: 50 €
Prezo reducido (socios de UNIMA): 25 €
Prazas: 12 persoas

Un curso introdutorio e revelador que expón con claridade as deficiencias do mundo das Artes Escénicas ante o reto que presenta Internet como un novo modelo de comunicación, pero tamén a solución para resolvelas dende un enfoque práctico.
Orientado a compañías teatrais e xestores culturais, este curso desvela en tres sesións os principais puntos para eliminar o desconcerto e os misterios que presenta Internet á xente do teatro, cun enfoque práctico que lles permitirá rendibilizar a súa presenza en Internet en todos os sentidos, evitando os erros máis comúns.
Os participantes obterán os coñecementos necesarios para afrontar cunha estratexia clara a súa presenza en Internet.


Matrícula