Varios pasarúas percorrerán a nosa vila animando ás xentes a participar desta festa do monicreque. Entre eles destacamos “As Constelacións de Hércules”, feito a partir de deseños de Miro, e “Ruada Galega” con animación de xigantes e cabezudos, composta por personaxes históricos e emblemáticos de Galicia.
Por último, “Vive la calle” sorprenderanos coas súas performances en diversos puntos de Compostela.
O Festival Galicreques abre un ano máis as portas a compañías que presentarán os seus espectáculos fóra do programa oficial. Son agrupacións que recuperan a tradición do titiriteiro itinerante, de vila en vila, traballando pola gorra, polas moedas (ou mellor billetes) que as mans dadivosas do público deixan caer no seu chapeu.
Invitámosvos a participar da tradición e descubrir estas compañías e os seus chapeus polas rúas e prazas de Compostela.
Invitámosvos a participar da tradición e descubrir estas compañías e os seus chapeus polas rúas e prazas de Compostela.